O proxecto empezou como unha actividade da facultade de filosofía da USC xestionada por un só profesor (Xavier de Donato). Dende un comezo, a base foi facer sesións os mércores ás 18 nas que alguén presenta unha película que sería proxectada e comentada entre todo o auditorio.
Pero o proxecto non é algo pechado! Calqueira persoa pode colaborar, mantemos unha organización horizontal. No 2021 varias persoas (principalmente alumnado da facultade) sumáronse integramente: organizando o calendario de sesións, diseñando os carteis, presentando películas... A día de hoxe, proxectamos películas case todas as semanas dos curso.
Este proxecto permítenos facer moitas outras cosas nas que estamos traballando e que son resultado dun equipo amplo. Agaramos poder traervos fanzines, críticas e moitas máis sesións con boa xente!