2024-10-29
Presentado por:
Cartel por:
Director: Brian Yuzna
Ano de publicacion: 1989
Duración: 99min
Idioma: Inglés (VOSE)
Bill Whitmey vive coa súa familia nunha luxosa mansión de Beverly Hills. Bill parece estar a vivir unha vida ideal coa que calquera rapaz podería soñar: é bó nos deportes, vaille ben no insituto, a súa moza é a xefa das animadoras… ata ten un Jeep! Con todo isto, Bill nota que algo non encaixa, que a súa familia non é de todo normal… No seu proceso de mesturar a comedia adolescente, o terror e o gore, entre outros xéneros, Society ofrécenos un relato no que os monstruos son encarnados pola elite local. O horror extremo ven a representar o vampirismo social e económico que vivimos por estarmos a vivir nun capitalismo salvaxe e parasitador da clase traballadora. Unha provocación e un ataque directo ao American Dream dende o seu propio corazón.